A minería na provincia de Lugo

 Neste momento temos, na provincia de Lugo, dúas minas cuxa produción ten proxección a nivel nacional e internacional; son as minas de caolín en Burela e as de magnesitas en Rubián.

Na localidade de Burela existen caolines orixinados por a meteorización do macizo granítico de San Ciprian-Burela. Estes caolines formáronse por a caolinización dos feldespatos do granito.

Como consecuecia, en Burela ubícase unha planta de lavado de caolín que é unha das de maior produción de España cun tratamiento superior as 250 toneladas por día.

  

                                         Playa de caolín                               

 O caolín de Burela expórtase a varios países e sirve tamén para a fabricación de cerámica nacional. Así a fábrica de Sargadelos usa este caolín de gran pureza para dar forma as súas magníficas produccións.

  

 

 

En Rubián, na carretera de Lugo a Monforte, encóntranse as minas de magnesita, unhas das máis importantes do mundo por as súas reservas e a calidade dos seu producto.

                                      Minas de Rubián  

A composición deste mineral, carbonato de magnesio, é a seguinte:

E a composición da magnesita caústica (óxido de magnesio) que se obtén del é esta outra:                                                   

                                                          

 

 

As aplicacións deste producto son, entre outras, as seguintes:

  • Alimentación aminal
  • Fertilizante
  • Corrector da acidez do solo
  • Obtendión de magnesio metal 

 

Noutras épocas algunhas zonas da nosa provincia e, en xeral o NO peninsular, foron codiciadas por os romanos por a súa riqueza en ouro. En S. Miguel de Montefurado, ao sur da provincia de Lugo, os romanos fixeron un tunel na montaña para desviar o curso do rio Sil e así poder aproveitar o ouro depositado no seu cauce.

Foto Boca do Monte

Esta obra de inxeniería, como a das Médulas no norte da provincia de León, mostra como os romanos concilian  a capacidade tecnolóxica coa ambición por obter o dourado mineral.

 

Galica en xeral, e a provincia de Lugo en particular, foron terras ricas en minerais de ferro. Unhas minas moi importantes foron as de Villaodriz, A Pontenova, que estiveron productivas dende 1900 ata 1964. Para exportar por mar este mineral construíuse un ferrocarril ata Ribadeo, onde, a través dun cargadero que aínda se conserva, e que hoxe e un mirador sobre a ría , o mineral era cargado nas bodegas dos barcos que o trasladaban a Gran Bretaña.

     Cargadero de Ribadeo

En A Pontenova conservanse, en perfecto estado, os cinco fornos nos que se calcinaba o mineral. Xunto á batería de fornos encóntrase a bocamina, clausurada.  

 

          Fornos de calcinación do mineral de ferro, imaxe emblemática na entrada de A Pontenova

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta