A cuberta verde do Miño

A Azolla foliculoides é unha planta moi pequena que está a representar unha ameaza para o río Miño e os seus afluentes. O baixo caudal destes ríos e as altas temperaturas fan que a propagación desta planta se dispare de xeito que está a formar un tapiz verde na superficie sobre o que parece que se pode camiñar.

A Azolla foliculoides é un fento acuático procedente de zoas templadas e tropicales que se expandiu por todo o planeta. A proliferación desta especie en medios naturais provoca procesos de anoxia, diminución de luz e empobrecemento da diversidade vexetal o que pode provocar cambios na alimentación e nas relacións tróficas en aves e outros organismos.

Esta entrada foi publicada en Lembrar procesos. Garda o enlace permanente.